
Teatro en francés.
O venres 23 de febreiro 3º e 4º ESO asistiu con moito interese á representación teatral en francés da obra Belle et Bête, da compañía a Bohème Théâtre.
Unha vez finalizada a actuación, participaron nun interesante coloquio respondendo as preguntas expostas por algúns dos espectadores.
Valoramos de xeito moi positivo este tipo de actividades que pretenden motivar ao alumnado para a aprendizaxe da lingua francesa.













