HALLOWEEN 2022
Acábase o mes de Outubro e non podemos finalizalo de mellor forma que cunha terrorífica celebración.
O venres 28, o alumnado de Infantil e Primaria, gozamos de varias actividades de Halloween (manualidades, cancións, xogos…).
Así pechamos un mes no que tamén lle demos a benvida a Sali, unha auxiliar de conversación chegada desde Nova Zelandia e que nos acompañará todo o curso. Esperamos aprender moito xunto a ela!









































































