MAGOSTO EN INFANTIL
Aos poucos, volvendo á normalidade, recuperamos unha das festas que máis nos gusta, celebramos a nosa tradicional fogueira de magosto. Ademais de xuntarnos a cantar, comer castañas e pintarnos a cara, ao longo de toda a semana realizamos distintas manualidades en relación con esta festa. Deixámosvos unha mostra do que fixemos.














































