20N Día Internacional da Infancia
Hoxe celebramos no colexio o Día Internacional da Infancia, unha xornada na que o alumnado das diversas estapas, participou en diferentes actividades pensadas para lembrar e poñer en valor os dereitos dos nenos e nenas.
Ao longo da mañá realizáronse propostas variadas O obxectivo foi o mesmo en todos os cursos: comprender que todos os nenos e nenas teñen dereitos que deben ser respectados e protexidos.
O alumnado de ESO levou a cabo unha actividade moi emotiva: o profesorado trouxo fotos súas de cando eran pequenos e elaborouse un mural no que os rapaces e rapazas tiñan que adiviñar quen era quen. Ademais das risas e das anécdotas, aproveitouse esta proposta para traballar os dereitos da infancia, relacionándoos con experiencias cotiás e tamén co uso responsable das redes sociais e a prevención do ciberacoso, un tema que a Unión Europea está tratando con especial atención.
Deixámosvos a continuación as imaxes das actividades e do alumnado cos seus traballos, un recordo bonito desta celebración que sempre vivimos con moito cariño no centro.















































