1. DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
2. ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
3. Instrucións da dirección xeral de centros e recursos humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2025-2026 (do 9/01/2025).
4. Artigos 40 e 41 da Lei 5/2024 do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG 31/12/2024) sobre redución de ratios.
PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2025-26
O centro está adscrito ao IES Otero Pedrayo. O alumnado escolarizado en 4º de ESO pode reservar praza para cursar 1º de Bacharelato no instituto do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de cada ano.
O alumnado matriculado no centro ten garantía de permanencia, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro. Si presenta solicitude de admisión en outro centro deberá comunicalo á dirección. No caso de resultar admitido no outro centro, o posto escolar quedará vacante a efectos de admisión de novo alumnado.
Só se pode presentar UNHA ÚNICA SOLICITUDE POR ALUMNO NUN ÚNICO CENTRO, QUE TERÁ CARÁCTER VINCULANTE. Nela poderán relacionarse ata seis centros por orde de preferencia. A infracción desta norma determina a pérdida dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
Hai dúas posibles modalidades para solicitar a admisión de novo alumnado:
1 - PRESENCIAL:
PRESENTAR NA SECRETARÍA EN HORARIO DE 9:00 A 13:00 HORAS A DOCUMENTACIÓN RELACIONADA:
- FORMULARIO DE ADMISIÓN (ANEXO II) CUBERTO E ASINADO POLOS PAIS (pódese solicitar nas dependencias do centro, descargarse da sede electrónica da Xunta de Galicia (Procedemento ED550B) ou da páxina web da consellería https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
- FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA OU D DNI DO/DA ALUMNO/A.
NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES CUBERTAS A LAPIS NIN CON CORRECCIÓNS MANUAIS EVIDENTES
2 - TELEMÁTICA:
A través da aplicación admisiónalumnado.
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: todos os domicilios comprendidos dentro do perímetro: Rúa Ervedelo dende Praza Alférez Provisional ata cruzamento coa Avda. de Portugal, Avda. de Portugal até Rúa do Polvorín polo Camiño da Pasarela, Rúa do Polvorín até Praza de Antolín Faraldo, Marxe do Río Barbaña até Avenida do Regato, Avenida do Regato até glorieta de Mariñamansa e Tras Hospital até Rúa Ramón Puga Noguerol, Ramón Puga Noguerol até glorieta, Rúa Carlos Velo, Rúa Antonio Román, Rúa Camiño Encostado, Rúa Camiño Antigo, Rúa Serra Sanmamede até vía do ferrocarril. Cruzando a vía, Rúa José Cornide Saavedra, Rúa Eloy Luis André, Rúa Pena Trevinca até estación de ferrocarril de San Francisco, Praza San Cosmede, Rúa Hernán Cortés, Rúa Cardenal Cisneros, Rúa Unión, Rúa Fornos, Rúa Viriato, Rúa San Miguel até Progreso, Rúa Progreso até Praza Alférez Provisional.
Domicilio familiar en área de influencia: 8 puntos
Lugar de traballo en área de influencia: 6 puntos
ÁREA LIMÍTROFE: resto do Concello de Ourense.
Domicilio familiar en área limítrofe: 4 puntos
Lugar de traballo en área limítrofe: 3 puntos
CRITERIO |
PUNTUACIÓN |
Irmáns/ás no centro |
Primer irmán: 8 puntos Segundo e seguintes: 2 puntos cada un, máximo 14 puntos |
Persona proxenitora traballadora do propio centro |
3 puntos, non acumulables por ambos proxenitores |
Proximidade del domicilio familiar |
En área de influencia: 8 puntos En áreas limítrofes: 4 puntos |
Lugar de traballo do progenitor, titor, acolledor ou análogo |
En área de influencia: 6 puntos En áreas limítrofes: 3 puntos |
Renda anual per cápita da unidade familiar |
Inferiores a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos Igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces ao IPREM: 2 puntos Igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto Igual ou superior ao IPREM: 0 puntos |
Discapacidade igual ou superior ao 33% ou pensionista INSS |
Do alumno/a: 4 puntos Dun proxenitor, titor, acolledor ou análogo: 3 puntos Irmán ou irmá: 1 punto cada un |
Pertenenza a familia numerosa |
Categoría Xeral: 2 puntos Categoría Especial: 3 puntos |
Parto múltiple |
Dous irmáns: 8 puntos Máis de dous irmáns: 10 puntos |
Condición de familia monoparental | 2 puntos |
Membro computable víctima violencia de xénero | 2 puntos |
Membro computable víctima terrorismo | 2 puntos |
Criterio complementario do centro | 1 punto |
Conforme ao establecido no artigo 24 da ORDE do 21 de outubro de 2022, a titularidade do centro outorgará 1 punto aos solicitantes familiares de antigo alumnado ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, acreditable vía presentación dos correspondentes libros de familia ata demostrar o parentesco co antigo alumnado.
CRITERIOS DE DESEMPATE, POR ORDE DE APLICACIÓN.
Artigo 9.3 do Decreto 13/2022 e 34 da Orde de 21 de outubro de 2022.
▪ Maior puntuación por irmáns/ás no centro
▪ Maior puntuación por proximidade do domicilio familiar ao centro ou lugar de traballo de nai, pai ou titor/a.
▪ Maior puntuación por renda per cápita da unidade familiar
▪ Pai, nai ou titor o acolledor traballando no centro
▪ Condición de familia numerosa
▪ Irmáns nados en parto múltiple
▪ Condición de familia monoparental
▪ Maior puntuación por concorrencia de discapacidade
▪ Condición de vítima de violencia de xénero
▪ Condición de vítima do terrorismo
▪ Criterio establecido polo centro educativo
De manterse o empate terase en conta o número obtido no sorteo (0,84) multiplicado polo número de solicitudes empatadas e redondeado á alza. O dito número enteiro determina a posición ordinal da solicitude que ocupará o primeiro lugar e, a partir desta, a orde das sucesivas solicitudes empatadas previamente ordenadas de forma ascendente e correlativa con base no número aleatorio asignado pola aplicación “admisionalumnado” no momento da súa gravación no sistema.
Todas as actividades extraescolares e servizos complementarios ofertados polo centro son presupostados con criterios de sustentabilidade, autofinanciación e sen ánimo de lucro.
O centro dispón de servizo de comedor con cociña propia, e servizo de madrugadores con opción de almorzo deede as 7:45 horas, xestionado pola asociación de nais e pais de alumnos. Tamén hai unha escola de idiomas que funciona durante o curso e un campamento de verán.
Elaborado polo equipo directivo e aprobado polo consello escolar, o PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO recolle os principios da nosa filosofía educativa, expresa o CARACTER PROPIO e marca as directrices de xestión que serven de referencia a toda a Comunidade Educativa, con carácter integrador.
O centro opta por un desenvolvemento integral e pleno do alumnado para facilitar a adquisición de coñecementos, destrezas e actitudes, desenvolver o sentido crítico, educar a súa dimensión social e promover a súa inserción no mundo de forma responsable e solidaria.
O modelo educativo deste centro esta baseado nunha concepción cristiá do home, da vida e do mundo, dentro do respecto a outras crenzas. O traballo, a fe e o amor son os eixes transversais da nosa tarefa educativa. A educación relixiosa forma parte da educación na fe e impártese dentro do horario escolar.
Os títulos de graduado en ESO do alumnado que rematou a secundaria no curso 2019-20 poden ser recollidos en horario de secretaría. Para elo é necesario que a persoa interesada se identifique e asine o rexistro de entrega.
O alumnado solicitará o CELGA no centro no que rematou o bacharelato.
En caso de non ter rematado o bacharelato o trámite consiste en:
Segundo o estipulado na ORDE do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega, o alumnado procedente doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro que se incorpore ao sistema educativo de Galicia no 3º ciclo de educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en bacharelato poderá obter unha exención temporal da cualificación das probas de avaliación da materia de lingua galega durante un máximo de dous cursos escolares consecutivos.
A solicitude presentarase cuberta e asinada na secretaría do centro antes do 5 de outubro de cada ano académico e, en calquera caso, un máximo de vinte días despois do traslado da matrícula.
O alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria que se atope na situación contemplada na ORDE do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral pode solicitar a correspondente validación pola área de música ou por unha materia optativa dun curso da educación secundaria obrigatoria segundo o caso.
Para elo deberá aportar a solicitude que se acompaña e unha certificación académica dos estudios musicais realizados.
Es posible que para poder ver algunos de estos documentos, si están en formato .pdf, tenga que instalar el visor gratuito Acrobat Reader.